A continuación poñemos a túa disposición unha guía rápida e sinxela cos cinco pasos que requires para darte de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (tamén denominado polas siglas RETA).

Lembra que, na maioría dos casos, se tes certificado dixital, poderás facer estes trámites de modo máis sinxelo e cómodo a través das sedes electrónicas de cada unha das Administracións.

Paso 1. Alta da túa actividade profesional na Axencia Tributaria

 

Paso 2. Alta da túa cotización no réxime especial de traballadores autónomos na Seguridade Social

  • Cubrir o modelo TA0521 de alta, baixa ou modificación de datos no RETA (aquí tes o acceso á sede electrónica da Seguridade Social)
  • Copia do documento de identidade
  • Copia da alta na Seguridade Social
  • No seu caso, copia do contrato (comunidade de bens) ou das escrituras de constitución da sociedade
  • Información adicional: Bases e tipos de cotización no RETA da Seguridade Social no ano 2017

 

Paso 3. Trámites coa administración local para a apertura e licenza de actividade

Se vas abrir un local debes dirixirte á área de urbanismo do Concello no que vaias abrir o teu negocio para:

  • Solicitar a licenza de apertura e actividade
  • E ademais, se vas realizar reformas no local, solicitar a licenza de obra que corresponda

En todo caso, ten en conta que, con carácter xeral, a partires da entrada en vigor da Lei 9/2013, de 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, se teñen suprimido con carácter xeral a necesidade de obtención de licenza municipal de actividade, apertura ou funcionamento para a instalación, implantación ou exercicio de calquera actividade económica, empresarial, profesional, industrial ou comercial.

Paso 4. Comunicación da apertura do centro de traballo na Xunta de Galicia

 

Paso 5. Trámites se vas contratar traballadores

  • Cubrir o modelo TA.6 para a inscrición como empresario/a na Dirección Provincial da Seguridade Social (accede aquí á sede electrónica da Seguridade Social)
  • Cubrir o modelo TA.7 para obter o código de conta de cotización
  • Cubrir o modelo TA.1 só no caso de que a persoa non tivese contratos anteriores, para obter o seu número de afiliación á Seguridade Social
  • Cubrir o modelo TA.2/S para a alta (así como baixa ou variación) das persoas traballadoras
  • Realizar a comunicación da contratación a través da aplicación Contrat@ ou, de xeito presencial, a través dunha oficina de emprego
  • Ingresar as cotas de cotización: modelos RLC (recibo de liquidación de cotizacións) e RNT (relación nominal de traballadores) de xeito telemático a través do sistema Red Directo