Un dos principais obxectivos da Oficina do autónomo é servir de espazo de referencia desde onde se poidan consultar e tramitar en todo momento as convocatorias de axudas e subvencións que poidan apoiar a súa creación, desenvolvemento e modernización.

Con ese obxectivo, este apartado de Axudas pretende dar resposta continua e dun modo actualizado a todas aquelas axudas publicadas no ámbito autonómico e estatal que teñan, entre as súas persoas beneficiarias, ás persoas traballadoras autónomas.

Ademais, tal e como están presentadas se poderán localizar aquelas que atendan ás distintas fases ou etapas polas que se desenvolve o emprego autónomo:

1. Axudas para iniciar e pór en marcha o teu proxecto

Desde a oficina do autónomo facilitamos a túa busca de apoios para facer realidade o teu proxecto

2. Axudas para o avance e consolidación do negocio

Desde a oficina do autónomo facilitamos a túa busca de apoios para fortalecer o teu negocio

3. Axudas para a modernización e para incorporar os avances tecnolóxicos que precisas

Desde a oficina do autónomo facilitamos a túa busca de apoios para modernizar o teu negocio

Importante! Ten en conta que algunhas das axudas poden estar apoiando unha ou varias das etapas do teu negocio, polo que unha mesma axuda pode estar en máis dunha fase.

Dende a Oficina do emprego autónomo estamos a túa enteira disposición para informarche das axudas ou subvencións que mellor se poidan axustar ao teu proxecto. Podes consultarnos en calquera momento pola canle de "Contacta con nós - Axudámosche" mediante o seguinte enlace:

Contacta con nós

Por último, destacar que desde cada unha das axudas se poderá acceder directamente á tramitación electrónica para a súa correspondente solicitude, atendendo así tamén a outro dos principios inspiradores da Oficina do autónomo, que non é outro que converterse no centro de referencia para a facilitación e o apoio permanente e actualizado do emprego autónomo en Galicia. Só tes que pinchar no botón de "Accede desde aquí" e te levará directamente á sede electrónica da Administración que convoque cada axuda

Project Image