Axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais - 2020


  • 19/02/2020
  • 20/03/2020
Accede desde aquí

IN500A - Axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais - 2020

Data de publicación: 19/02/2020

Data inicio de solicitude: 20/02/2020

Data fin solicitude: 20/03/2020

Obxecto

As bases regulan as axudas da Axencia Galega da industria foresta aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais.

Características da axuda

Consideraranse con carácter exclusivo os seguintes investimentos elixibles:

a) Plans e ferramentas de xestión empresarial
b) Equipamentos de medición de masas forestais, en número non superior á maquinaria de saca de madeira ou de biomasa
c) Acondicionamento e instalacións en parques intermedios de rolla ou biomasa
d) Autocargadores, arrastradores forestais e tractocargadores completos, así como as adaptacións e implementos
e) Procesadoras, cortadoras e outros equipos de corta, así como as adaptacións e implementos
f) Maquinaria específica, apeiros e implementos que permitan un aproveitamento comercial da biomasa forestal no monte, asteladoras, empacadoras, colleitadoras ou procesadoras de biomasa
g) Maquinaria e instalacións de primeira transformación de madeira
h) Maquinaria e instalacións de primeira transformación para procesamento da biomasa forestal: asteladura, almacenamento, clasificación, caracterización, secado e acondicionamento da biomasa forestal
i) Bens de equipamento e instalacións en empresas de recolla, manexo, acondicionamento e comercialización de produtos forestais non madeireiros e non alimentarios (biomasa e outros produtos forestais)
j) Rozadoras, en número non superior aos equipamentos de saca de madeira ou biomasa propiedade da empresa

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas traballadoras autónomas que acrediten a viabilidade económica do proxecto, teñan un seguro de responsabilidade civil en vigor e estean inscritas no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor).

Haberán de estar radicadas en Galicia en relación cos investimentos realizados en zonas rurais de acordo cos criterios de localización establecidos no ámbito territorial do PDR 2014-2020.


Publicación DOG Ficha sede electrónica

Válido desde: 
Miércoles, 19 Febrero, 2020
Válido hasta: 
Viernes, 20 Marzo, 2020