3 de xullo, celebración do Encontro Autónom@s Galicia 2017

Baixo o lema "Os nosos autónomos, a nosa forza" terá lugar o vindeiro 3 de xullo, na Fundación Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, o Encontro Autónom@s Galicia 2017.

O encontro, que se celebrará en horario de mañá entre as 9.30 h e as 14.00 h, contará con numerosos relatorios referentes á situación e perspectivas do emprego autónomo en Galicia.

A inscrición é gratuíta a través deste enlace e o aforo limitado.

Fonte: http://www.encontroautonomo.com/

Compartir esta noticia