Aprobados no Congreso dos Deputados os novos incentivos para o emprego autónomo

O Congreso dos Deputados aprobou o día 21 de xuño a introdución de diversas medidas na nova Lei de Reformas Urxentes do Traballo Autónomo, para mellorar as condicións de Seguridade Social e laborais deste colectivo que forman 3,2 millóns de persoas. De xeito resumido, as novidades máis importantes son as seguintes:

  • Amplíase de seis meses a un ano a cotización de 50 euros á Seguridade Social para os novos negocios.
  • Máis bonificacións para mozas e mulleres.
  • As bonificacións serán compatibles coa contratación de asalariados.
  • Bonificación de cotizacións para contratar a familiares de forma indefinida.
  • Rebaixa de cotizacións sociais para favorecer a maternidade.
  • Compatibilidade entre o salario e a pensión.
  • Maior flexibilidade para darse de alta e de baixa na Seguridade Social.
  • Máis facilidades para o cambio da base de cotización.
  • A base de cotización dos propietarios e directivos desvincúlase do Salario Mínimo Interprofesional.
  • Redúcense as recargas da Seguridade Social por débedas durante o primeiro mes de atraso.
  • Protección para o accidente "in itinere".
  • Deducións fiscais para o autónomo que traballa na súa casa.
  • Dedución de 12 euros pola comida en xornada laboral.
  • Facilidades para o reintegro ao autónomo por exceso de cotización.
  • Favorecer a participación institucional dos autónomos.

Estas novidades deberán agora verse desenvoltas na tramitación parlamentaria da iniciativa.

Fonte: Expansión

Compartir esta noticia