Publicadas o 7 de xullo as axudas Re-Acciona

No DOG do 7 de xullo de 2017 aparece publicada a resolución do 27 de xuño de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de análise de potencial competitivo, profesionalización e desenvolvemento estratéxico (programa Re-Acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Estas axudas, dirixidas entre outras ás persoas traballadoras autónomas, destínanse aos seguintes servizos de análise do potencial competitivo:

  • Análise de potencial competitivo: estudaranse os diversos factores que definen a capacidade da empresa para competir no mercado, en canto á estrutura do negocio, dos procesos e da cultura organizativa. Como resultado obterase un informe en que se establece a posición actual da empresa e se dan as pautas que se seguirán para a súa mellora.
  • Profesionalización: servizos de mellora da xestión financeira e procura de financiamento, servizos de optimización dos procesos de produción e cadea loxística, relanzamento comercial, implementación de xestión por procesos, imaxe e comunicación empresarial.
  • Desenvolvemento estratéxico: desenvolvemento estratéxico integral da empresa, plans e protocolos de empresa familiar, identificación de redes de cooperación e socios, redefinición do modelo de negocio (dirixido preferentemente a empresas con negocios maduros e a empresas que deban deseñar un modelo de negocio para unha nova liña de produtos). 

A resolción prevé cinco convocatorias, cos seguintes prazos de solicitude:

Convocatoria 2017-2:

  • Data inicio de solicitude: 08/07/2017
  • Data fin de solicitude: 15/09/2017

Convocatoria 2017-3:

  • Data inicio de solicitude: 18/09/2017
  • Data fin de solicitude: 03/11/2017

Convocatoria 2017-4: 

  • Data inicio de solicitude: 06/11/2017
  • Data fin de solicitude: 29/12/2017

Convocatoria 2018-1: 

  • Data inicio de solicitude: 05/02/2018
  • Data fin de solicitude: 23/03/2018

Convocatoria 2018-2: 

  • Data inicio de solicitude: 03/04/2018
  • Data fin de solicitude: 25/05/2018

 

Máis información no apartado de axudas na Oficina Virtual.

Compartir esta noticia