O xoves 20 de xullo na Cidade da Cultura, xornada do IGAPE sobre instrumentos de financiamento para o emprego autónomo

O vindeiro xoves 20 de xullo de 2017, a partir das 11:15 horas no Auditorio da Biblioteca – Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, terá lugar a Xornada Técnica ICO_IGAPE: INSTRUMENTOS DE FINANCIAMENTO PARA AUTÓNOMOS E PEQUENAS EMPRESAS, que ten como obxectivo achegar ás persoas autónomas, persoas emprendedoras e pequenas empresas os novos instrumentos de financiamento que se están a poñer en marcha ao abeiro dos acordos de colaboración entre o Instituto de Crédito Oficial (ICO), o Igape, as entidades financeiras galegas e as SGRs.

Aviso de actualización: Neste enlace atópase a presentación feita polo persoal técnico do ICO e neste outro enlace a presentación feita polas Sociedades de Garantía Recíproca

Prégase confirmación no correo electrónico mdl@igape.es.

O programa da xornada será o seguinte:

Como chegar

Compartir esta noticia