Campaña de prevención de riscos no tractor promovida polo ISSGA

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do ISSGA acaba de iniciar unha campaña sobre a prevención de riscos no manexo do tractor que se achegará a 119 concellos do rural galego repartidos polo catro provincias.

A campaña de divulgación e prevención vira ao redor de dous eixos principais:
• Alertar e concienciar dos ricos do manexo do tractor e dos seus apeiros, informando as causas máis recorrentes dos sinistros e
• Achegar recomendacións básicas que poden evitar accidentes ou, polo menos, minimizar as súas consecuencias

A Xunta de Galicia repartirá 10.000 trípticos e 3.000 carteis con información técnica en catro ámbitos, que son os que se consideran máis relevantes na prevención de riscos neste ámbito:
• A seguridade viaria, 
• A protección da toma de forza e do eixo cardánico,
• A protección do tractor fronte a vuelcos e 
• As medidas a tomar no caso de que se produza este feito

A principal destinataria da campaña é a poboación do rural que manexa o tractor no traballo ou no seu ámbito familiar, con especial incidencia entre a poboación moza para que incorporen o valor da anticipación ao risco como maneira de evitar perigos.

O obxectivo da actuación é concienciar e reducir a sinistralidade neste sector promovendo a asunción de tarefas cotiás de prevención de riscos para evitar accidentes na súa contorna e na circulación en vías públicas.

Esta actuación forma parte da Estratexia galega de seguridade e saúde no traballo que a Consellería de Economía, Emprego e Industria, en coordinación cos axentes sociais, está a desenvolver para garantir un emprego seguro e de calidade como elemento crave da competiividade.

Descarga aquí el tríptico

Máis información neste enlace

Compartir esta noticia