Encontro empresarial Galicia Market Place 3ª Edición

O próximo venres, 16 de febreiro, a partir das 9 horas, terá lugar a 3ª edición do encontro empresarial Galicia Market Place, na sede do Círculo de empresarios de Galicia (García Barbón, 62, Vigo).

Galicia Market Place ofrece un espazo ás persoas emprendedoras que ven porvir no agro-mar galego, mostra as súas iniciativas e contribúe a buscar solucións para fortalecer un sector de enorme potencial cun gran futuro.

Este encontro empresarial, organizado polo Círculo de empresarios de Galicia en colaboración coa Xunta de Galicia e o Igape, incluirá tres mesas redondas:

  • Agromar alimentario galego: mercados internacionais. Canles de distribución. Apostas e novos modelos
  • O poder da marca no sector agromar alimentario
  • Cooperación para incrementar valor. A transformación do sector

Máis información e inscricións

Compartir esta noticia