Xornada ReAcciona Hostalería e contorna dixital: Novos retos, novas oportunidades

Dentro do seu plan de divulgación e coñecemento do Programa Reacciona, o Igape organiza o vindeiro 20 de febreiro, ás 10 horas nas instalacións da Asociación Hostelería Compostela, unha xornada sectorial específica do programa ReAcciona centrada na hostalería e contorna dixital.

A xornada, organizada polo Igape en colaboración coa Asociación Hostelería Compostela, vai dirixida a todas as persoas profesionais, involucradas ou interesadas no sector da hostalería ou en departamentos doutros sectores.

As tecnoloxías da información están a transformar os sectores máis tradicionais, polo que coñecer e dominar as ferramentas que ofrece a dixitalización é esencial para este sector, potenciando así a atracción de novos clientes e, por suposto, fidelizar aos xa existentes.

Pulsa aquí para obter información do programa.

Inscricións en el correo electrónico comunicacion.reacciona@igape.es ou no teléfono 986419922 (ext. 2004)

Compartir esta noticia