A Xunta inicia o plan de actividades do ISSGA 2018

O martes 13 de febreiro presentouse en Santiago de Compostela o Plan de Actividades do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) para o 2018, que inclúe un total de 74 actuacións divididas en 7 eixos, xunto coa oferta formativa que se impartirá en prevención de riscos laborais, coa que se prevé chegar a 1.200 persoas.

Trátase dunha iniciativa consensuada cos interlocutores sociais e que responde aos obxectivos da Estratexia galega de Seguridade e Saúde no Traballo 2017-2020 que está desenvolvendo a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do ISSGA, cos seguintes retos principais:

  • Mellorar a eficiencia na coordinación entre as administracións en materia de prevención de riscos laborais
  • Impulsar a implicación dos interlocutores sociais
  • Facilitar a xestión preventiva e reforzar a vixilancia e o control
  • Potenciar a análise e investigación dos accidentes
  • Fomentar programas en sectores de alta sinistralidade
  • Acadar unha formación de calidade para consolidar a cultura preventiva na sociedade galega

Máis información

Compartir esta noticia