Convocadas as probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade

Vense de publicar no DOG do luns 26 de febreiro de 2018 a Resolución pola que se convocan as probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de niveis 2 e 3 de cualificación profesional no ano 2018 (código de procedemento TR306A), contemplando os seguintes:

Competencias clave para as que se convocan as probas:

– Comunicación en lingua galega.

– Comunicación en lingua castelá.

– Comunicación en lingua estranxeira (inglés).

– Competencia matemática.

As competencias clave requiridas para todos os certificados de profesionalidade das 26 familias profesionais do Repertorio nacional de certificados de profesionalidade para os niveis de cualificación 2 e 3 son competencia matemática, comunicación en lingua castelá e comunicación en lingua gallega.

A competencia de comunicación en lingua estranxeira só se require nos certificados de profesionalidade que teñen un módulo formativo de lingua estranxeira (Anexo VI da convocatoria)

Prazo de solicitude

A solicitude para participar nestas probas deberá formalizarse dirixida ao Instituto Galego das Cualificacións entre o 26 de febreiro e ata o 23 de marzo de 2018, ambos incluídos.

Máis información sobre o procedemento e os requirimentos para tomar parte nel neste enlace ao texto completo da resolución.

Compartir esta noticia