Xornada Re-acciona Sector Agroalimentario: As esixencias do novo consumidor

O vindeiro 13 de abril terá lugar unha nova xornada sectorial Re-Acciona do IGAPE co apoio da Confederación empresarial de Ourense e o Cluster alimentario de Galicia.

Esta xornada está dirixida a persoal directivo e responsables de empresas do sector agroalimentario, incidindo nos principais factores que haberán de dinamizar no vindeiro futuro o crecemento do sector agroalimentario, concretamente na innovación, a implantación da tecnoloxía e a atención ao novo consumidor.

A mesma terá lugar o venres 13 de abril a partires das 9:30 horas na Confederación Empresarial de Ourense, na Praza das Damas, 1 - Ourense.

É conveniente confirmar a asistencia a través do correo comunicacion.reacciona@igape.es ou no teléfono 986 419 922 (extensión 2004)

Compartir esta noticia