Desde o 1 de outubro de 2018 será obrigatorio realizar os trámites por vía electrónica

Desde o día 1 de outubro, as persoas traballadoras autónomas deben realizar os seus trámites por vía electrónica, incluída a recepción e firma de notificacións.

A Orde Ministerial ESS/214/2018, de 1 de marzo que modifica a Orde ESS/484/2013 reguladora do Sistema de Remisión Electrónica de Datos (Sistema REDE) no ámbito da Seguridade Social, establece a obrigatoriedade das persoas traballadoras por conta propia ou autónomas para incorporarse ao devandito Sistema. No entanto, para cumprir con esta obrigación a persoa traballadora pode optar por acollerse a este Sistema e xestionar os seus trámites a través dun "autorizado Rede" ou, directamente, facer uso dos servizos electrónicos dispoñibles na Sede Electrónica da Seguridade Social (SEDESS). A obrigatoriedade esténdese á recepción das notificacións, polo que para a súa consulta e firma deberase acceder ao servizo correspondente na SEDESS.

As persoas traballadoras autónomas disporán dun período transitorio de seis meses desde a entrada en vigor da norma para que a obrigación do uso de medios electrónicos sexa efectiva.

Os colectivos afectados polo disposto na Orde Ministerial son:

  • Persoas traballadoras autónomos por conta propia ou autónoma.
  • Persoas traballadoras do Sistema Especial de Traballadores Agrarios (SETA).
  • Persoas traballadoras do grupo I do Réxime Especial de Traballadores do Mar.

Accede aquí ao tríptico informativo elaborado pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Máis información sobre os cambios.

Compartir esta noticia