Primeira convocatoria C-Voucher para acelerar a economía circular

C-VoUCHER é a primeira iniciativa financiada a través do programa europeo Horizonte 2020, para reorganizar e redeseñar cadeas de valor liñais en circulares.

Esta primeira convocatoria céntrase no ámbito de cinco industrias tradicionais:

Agroalimentaria

► Saúde

► Crecemento azul

► Fabricación

► Textil

Para elo, C-VoUCHER distribuirá 4,2 millóns de euros para pemes a través de 4 convocatorias.

A primeira destas convocatorias busca pemes que queiran crear modelos de negocio sostibles usando metodoloxías de design thinking e implementando novas tecnoloxías.

O programa C-VoUCHER ofrece:

► Ata 60.000€ de financiamento por peme

► Un programa de aceleración de 9 meses (Programa de circularidade para pemes clásicas)

► Apoio personalizado Tailored Designer-in-Residence support

Titorización de negocios e oportunidades de financiamento adicionais (públicas e privadas)

► Implementación de tecnoloxía

Máis información neste enlace

Compartir esta noticia