XXV Feira de mostras da Coruña - Feira do autónomo 2018

Entre o 5 e o 9 de decembro, dende as 11:00 horas ás 21:00 horas, se volve celebrar este encontro multitudinario no recinto ferial de Expocoruña.

Un ano máis, celebrando o seu XXV Aniversario e coa colaboración da Xunta de Galicia, a Feira dos Autónomos de Galicia se convertirá no gran punto de encontro de relevancia nacional entre profesionais de diversos sectores, sendo un interesante escaparate para dar a coñecer os produtos e servizos de calquera autónomo de Galicia, contando cunha gran afluencia de público e doutros profesionais.

Con máis de 20.000 m2 e 350 stands, haberá múltiples sectores representados e contará tamén coa presenza destacada de gran número de persoas autónomas.

Cada día contará con actividades gratuítas, zona de gardería e lecer para os máis pequenos e se aproveitará tamén para pór de manifesto o valor desta fórmula de impulsar a economía.

Durante as xornadas que dura a Feira, se contará con diversas exposicións, distribuídas en diversos salóns:

  • Turismo
  • Cultural
  • Outlet comercio tradicional
  • Feira de artesanía

...

Compartir esta noticia