Convocadas probas de avaliación en competencias clave para certificados de nivel 2 e 3

Ven de publicarse no DOG a RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación (código de procedemento TR306A), pola que se convocan as probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de niveis 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

As competencias clave que se convocan (nos niveis de cualificación profesional 2 e 3) son as seguintes:

  • Comunicación en lingua galega.
  • Comunicación en lingua castelá.
  • Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
  • Competencia matemática.

O prazo para presentar solicitudes ábrese o martes 5 de marzo, e permanecerá aberto ata o venres 29 do mesmo mes.

Accede neste enlace ao procedemento na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

Compartir esta noticia