Resolución pola que se aproba o Plan de Inspección do comercio para o ano 2019

O Diario Oficial de Galicia ven de publicar hoxe o o Plan de inspección comercial e o Plan de inspección do comercio dixital para o ano 2019.

Na liña de garantir os principios e directrices do comercio interior en Galicia, a Consellería de Economía, Emprego e Industria busca potenciar a Inspección de Comercio e protexer ás persoas consumidoras e usuarias no ámbito deste sector.

Polo que respecta á inspección comercial, o Plan de inspección articularase arredor das seguintes campañas:

  • Campañas de información da normativa comercial
  • Campañas de vixilancia do cumprimento da normativa comercial
  • Campañas de verificación / comprobación material de cumprimento de subvencións e outros requisitos

Polo que respecta ao Plan de inspección do comercio dixital, desenvolverase atendendo ás seguintes comprobacións:

  • Prezos
  • Desistencia
  • Gastos de devolución
  • Uso de cláusulas limitativas
  • Comprobación de datos
  • Condicións de garantía
  • Xurisdición e sometemento
  • Información clara, veraz e suficiente
  • Vendas promocionais
  • Ofertas de artigos

Compartir esta noticia