Convocatoria da EGAP de cursos de PRL, nivel básico, para persoas traballadoras por conta propia

O DOG ven de publicar hoxe a convocatoria de tres edicions dun curso de prevención de riscos laboráis, nivel básico, para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

Este novo curso é froito do convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convocándose dous cursos en materia de prevención de riscos laborais:

Código: CV19018. Prevención de riscos laborais. Nivel básico. Issga. Este curso ten como obxectivo proporcionar a formación que establece o anexo IV do Regulamento dos servizos de prevención (Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro) que capacita para o desenvolvemento das funcións de nivel básico en prevención de riscos laborais. O curso impartirase en modo teleformación e conta cunha duración de 60 horas por edición e cun máximo de 75 prazas por edición.

Máis información neste enlace á publicación no DOG

 

Compartir esta noticia