II Encontro de Deseño para a innovación empresarial

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) invita a todos os axentes do ecosistema do deseño galego ao evento, que terá lugar no CIS Tecnoloxía e Deseño, en Ferrol. Será unha oportunidade para abrir novas canles de contacto entre os profesionais do deseño e as empresas galegas, con especial atención nesta edición ao deseño estratéxico para a innovación centrada nas persoas.

Durante o encontro presentaranse as novas accións do Programa de Deseño para a Innovación 2020 e a publicación “O deseño como motor. Casos de éxito”.

Ademais, os asistentes terán ocasión de coñecer as últimas tendencias do deseño internacional da man de profesionais galegos que xa son referentes a nivel global: Iván Mato, Coca Rivas, Isaac Piñeiro, Nuria Carballo e Manuel Vázquez.

A xornada completarase coa experiencia de dúas empresas na incorporación do deseño á súa estratexia de negocio: a multinacional Nationale-Netherlanden e a peme galega María Martínez Otero.

Os destinatarios principais do encontro son persoas deseñadoras galegas de todas as disciplinas, estudantes desta especialidade e representantes de empresas e doutras entidades interesadas en potenciar o deseño como ferramenta de innovación e competitividade nas súas organizacións.

Máis información neste enlace.

Compartir esta noticia