Publicado o calendario laboral coas festas da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2020

A Xunta de Galicia ven de publicar o pasado 12 de xullo o Decreto polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma dentro do calendario laboral para o ano 2020.

Deste xeito, se definen como festas laborais no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia as seguintes datas:

  • 1 de xaneiro: Aninovo
  • 6 de xaneiro: Epifanía do Señor (Día de Reis).
  • 19 de marzo: Día de San Xosé.
  • 9 de abril: Xoves Santo.
  • 10 de abril: Venres Santo.
  • 1 de maio: Festa do Traballo.
  • 24 de xuño: San Xoán.
  • 25 de xullo: Santiago Apóstolo-Día Nacional de Galicia.
  • 15 de agosto: Asunción da Virxe.
  • 12 de outubro: Festa Nacional de España.
  • 8 de decembro: Inmaculada Concepción.
  • 25 de decembro: Nadal.

Publicación DOG