Business Factory Food: Presentación da 2ª edición da aceleradora galega do sector da Alimentación

A Xunta de Galicia, en colaboración co Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA), presenta a segunda edición da Business Factory Food (BFFood), a aceleradora galega do sector da alimentación, o vindeiro 18 de outubro de 2019 ás 10.30 h. O acto terá lugar en Santiago de Compostela, no salón de actos da Cámara de Comercio de Santiago (rúa San Pedro de Mezonzo 44).

Os asistentes terán a oportunidade de coñecer os resultados da primeira edición e as novidades da segunda convocatoria, así como os instrumentos de apoio que se poñen á disposición das empresas a través desta aceleradora. Ademais, poderán asistir a dúas mesas redondas na que directivos de compañías galegas alimentarias abordarán os retos que afronta o sector na actualidade e modelos de negocio baseados na innovación.

A BFFood é unha iniciativa promovida polo Igape, Gain, XesGalicia e CLUSAGA, na que colaboran empresas galegas tractoras do sector, como Grupo Calvo, Grupo Nueva Pescanova, Bodegas Martin Codax, Kiwi Atlántico, Clavo Food Factory, CLUN Cooperativas Lácteas Unidas, Quescrem e Torre de Nuñez. Ademais, participan entidades como as Universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña, Anfaco-Cecopesca, a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA), Gradiant, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e a Fundación FEUGA.

Programa & Inscrición