Premios Emprendedor XXI 2019: Aberta a convocatoria ata o 4 de decembro

O Igape colabora con CaixaBank e o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, a través da Empresa Nacional de Innovación (ENISA), na convocatoria da 13ª edición dos Premios EmprendedorXXI, que recoñecen a actividade das start ups máis innovadoras de Galicia creadas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2016.

O prazo para a presentación de candidaturas está aberto ata o próximo 4 de decembro.

Estes galardóns outorgan 19 premios territoriais cunha dotación económica de 5.000 euros e 6 premios sectoriais dotados de 15.000 euros. Ademais, permiten acceder a programas de acompañamento de alto nivel ou programas de mentoring.

Máis información

Compartir esta noticia