Estratexia de Optimización Loxística de Galicia: presentación do programa de colaboración para a posta en marcha

O pasado mes de novembro, o Consello da Xunta ven de aprobar a Estratexia Integral de Optimización Loxística de Galicia (EIOLOG).

Esta iniciativa, enmarcada na Axenda de Competitividade Galicia Industria 4.0, ten como obxectivo impulsar a mellora loxística tanto do propio sector de transporte e distribución de mercadorías coma dos xestores de infraestruturas e -como non- da industria galega que depende dos dous anteriores para ser eficiente na súa cadea de subministro e expedición de produtos.

É a hora de comezar a poñer en marcha os programas contidos na EIOLOG, e para elo a Xunta colaborará co Cluster da Función Loxística, aberto á incorporación de socios que compartan o obxectivo de apostar pola optimización na organización do aprovisionamento e o  transporte de mercadurías.

Esta xornada se celebrará no Hotel Quinta da Auga (Santiago de Compostela) o vindeiro 13 de decembro, contará coa participación do Conselleiro de Economía, Emprego e Industria D. Francisco Conde e nela presentarase a estratexia, o esquema de colaboración público-privado que a impulsará e abriranse canles de participación aos asistentes interesados.

Programa Xornada Inscricións

Compartir esta noticia