Xornadas de formación "Informa, apoia e asesora en economía social"

A Consellería Economía, Emprego e Industria, a través da Rede Eusumo, organiza no mes de febreiro a xornada "Informa, apoia e asesora en economía social", unha iniciativa de fomento da economía social e as súas fórmulas de emprendemento como xeradoras de emprego e de empresas de calidade.

A xornada está dirixida á rede de técnicos de emprego, orientadores laborais, persoal técnico do IGAPE, persoal técnico dos Grupos de Desenvolvemento Rural e dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro, que terá lugar nas seguintes localizacións e datas:

Xornadas economía social

LOCALIZACIÓN DATA
Foz 4 de febreiro
Lugo 5 de febreiro
Santiago de Compostela 7 de febreiro
O Barco de Valdeorras 11 de febreiro
Vigo 13 de febreiro
Ourense 14 de febreiro
Vilagarcía de Arousa 19 de febreiro
A Coruña 20 de febreiro

A Secretaría Xeral de Emprego considera imprescindible a asistencia ás devanditas xornadas, co obxectivo de coñecer os recursos existentes da Secretaría Xeral de Emprego para emprendedores e para técnicos en materia de economía social, para lograr, deste xeito, promover e facer chegar modelos empresariais de economía social a toda a Comunidade Autónoma de Galicia. 

Rógase a inscrición a través deste enlace, no teléfono 981 558 008 ou no correo eusumo.emprego@xunta.gal.

Compartir esta noticia