Obradoiro "Descubre as mellores canles e ferramentas dixitais para vender máis e expandirte con éxito"

Como socio do Proxecto ECICII PLUS, o Igape colabora na difusión do obradoiro 'Descubre as mellores canles e ferramentas dixitais para vender maís e expandirte con éxito', que terá lugar o xoves 20 de febreiro ás 9.30 h en Vigo, na sede de INEO (rúa García Barbón, 104).

Esta acción formativa ten como obxectivo capacitar ás persoas profesionais interesadas nas ferramentas fundamentais do e-Business internacional, poñendo o foco na multicanalidade e na trasformación dixital dos procesos de negocio relacionados co márketing e as vendas internacionais.

Durante a xornada coñeceranse dun modo práctico as principais estratexias de márketing e de vendas para crecer en negocio internacional e tamén as ferramentas TIC máis relevantes para impulsalo.

Esta xornada técnica desenvólvese no marco del proxecto ECICII Plus para a Internacionalización das pemes da eurorrexión, financiado polo programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) da Unión Europea e o Feder.


Información&Inscrición