Ampliación do prazo para a presentación e pago dos impostos para persoas autónomas

Coa publcación do Real Decreto-lei 14/2020, o Goberno de España ven de publicar a extensión do prazo de presentación e ingreso das declaracións e autoliquidacións dos impostos para todas aquelas persoas autónomas e pemes obrigadas cun volume de operacións non superior a 600.000€ eno ano 2019.

Neste caso, se a forma de pago elixida é a domiciliación, o prazo de presentación das autoliquidacións extenderase ata o 15 de maio de 2020.

Atendendo ao establecido no artigo único do mencionado Real Decreto-lei esta ampliación do prazo enténdese no ámbito das competencias da Administración tributraria do Estado, é dicir, no ámbito do imposto sobre a Renda das persoas Físicas, imposto sobre o Valor Engadido e o imposto sobre Sociedades cuxo vencemento se produzca entre a entrada en vigor do mismo e ata o 20 de maio de 2020.

Real Decreto-lei 14/2020 Información AEAT