Máis de 55.000 persoas autónomas de Galicia perciben xa a prestación extraordinaria por cese de actividade

Segundo informa o Goberno de España, máis dun millón de persoas traballadoras por conta propia xa solicitaron a prestación, sendo as comunidades autónomas de Andalucía, Cataluña e a Comunidad Valenciana onde se realizaron máis solicitudes. Galicia representa ata esta data o 6,22% das solicitudes presentadas, cun total de 56.668 solicitudes aprobadas.

Ten acceso a ela calquera persoa traballadora por conta propia inscrita no réxime correspondente que se vexa afectada polo peche de negocios debido á declaración do estado de alarma ou cuxa facturación caiga no mes un 75% respecto á media mensual do semestre anterior. No caso de algúns colectivos como o réxime agrario, do mar - cunhas actividades moi estacionais- ou da cultura e o espectáculo, o periodo de cálculo se adapta ás peculiaridades destes sectores.

Nota de prensa

Compartir esta noticia