XI Premios de excelencia á innovación para mulleres rurais

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación ten aberta a convocatoria da XI edición dos Premios de excelencia á innovación para mulleres rurais 2020.

Os premios buscan potenciar o recoñecemento da Administración Xeral do Estado ao traballo, proxectos e traxectoria das mulleres rurais. 

Desde 2010, a convocatoria anual dos premios ten como finalidade distinguir proxectos novos, excelentes, originais e innovadores ou actuacións que recoñezan o traballo e o papel das mulleres no medio rural, así como promover a incorporación e inserción laboral das mulleres no territorio.

Estes premios se estruturan en 5 categorías: 

  1. “Excelencia á innovación na actividade agraria” con primeiro, segundo e terceiro premio. 
  2. “Excelencia á innovación na actividade pesqueira ou acuícola” con primeiro, segundo e terceiro premio. 
  3. “Excelencia á innovación en diversificación da actividade económica no medio rural ou zonas costeiras rurais” con primeiro, segundo e terceiro premio.
  4. “Excelencia á comunicación” con primeiro, segundo e terceiro premio.
  5. “Recoñecemento especial pola traxectoria vinculada ao apoio ás mulleres no medio rural” cun recoñecemento de carácter honorífico.

Máis información no seguinte enlace:

Publicación Premios