A Xunta activa a plataforma de autoavaliación Comercio Seguro para que o sector transmita confianza á clientela

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, presentou durante un webinario con comerciantes e persoas autónomas da provincia da Coruña as diferentes medidas de apoio que a Administración autonómica ten en marcha para o colectivo.

No encontro telemático, Conde informou aos participantes de que a Xunta vén de activar a plataforma de autoavaliación Comercio Seguro, dispoñible no enderezo web comerciosegurogalicia.com, a través da cal se achega ao sector as claves para garantir seguridade e confianza á clientela na volta á actividade, con diferentes recomendacións sanitarias e de prevención.

Así, en só 3 pasos, estos negocios poderán obter un informe detallado e específico cunha avaliación exclusiva da súa situación para a recuperación da actividade.

Para acceder á plataforma pincha no seguinte enlace:

Plataforma Comercio Seguro