Nova convocatoria do Programa Re-acciona

O Diario Oficial de Galicia acaba de publicar a convocatoria do Programa Re-acciona.

Este programa é unha iniciativa conxunta do IGAPE e de Gain que inclúe axudas para contratar servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e dixitalización por parte de empresas galegas.

A través de empresas prestadoras de servizos especializadas, as pemes galegas poderán desenvolver proxectos de mellora en distintos ámbitos.

Nesta edición, Gain colabora co IGAPE, entidade xestora do programa, en poñer a disposición das empresas galegas tres novos servizos de apoio:

  • Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores
Dirixido á implantación de metodoloxías de deseño para a xestión estratéxica do mesmo, co obxectivo de desenvolver novos produtos, novos servizos e novos procesos de negocio nas pemes galegas, a través do uso de metodoloxías de deseño estratéxico.
  • Protección da innovación
Dirixido á protección da propiedade industrial en Galicia, tanto a nivel nacional como internacional, para garantir a plena explotación dos resultados das nosas innovacións mediante a protección das innovacións técnicas (invencións) e as creacións de forma (deseños industriais).
  • Asesoramento para o financiamento da innovación
Dirixido a establecer unha estratexia para á obtención de financiamento para as súas actividades de I+D+i, en especial a través do sistema estatal e autonómico de incentivos fiscais. A dita estratexia formalizarase nun Plan de financiamento da I+D+i, cun foco amplo que abarca os diferentes instrumentos de apoio á innovación.
 
O prazo de solicitude pechará o vindeiro 2 de xullo.

Publicación DOG Ficha informativa na sede electrónica

Compartir esta noticia