Novas liñas cheques de dixitalización e Galicia Exporta Dixital: Abertos os prazos de presentación de solicitudes

A Xunta activa, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), dúas novas liñas de apoio á dixitalización das pequenas e medianas empresas para facilitar a adaptación á situación derivada da covid-19 e facilitar a reactivación do tecido produtivo galego.

A partir de agora as pemes e persoas autónomas poderán solicitar ata o 30 de setembro a axuda do programa Cheques de dixitalización e ata o 30 de novembro a correspondente ao programa Galicia Exporta Dixital.

Estas dúas liñas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, están dirixidas a impulsar os procesos de dixitalización máis axeitados que permitan ás pequenas e medianas empresas reforzar a súa actividade.

Así, mentres o Galicia Exporta Dixital promove a súa expansión internacional a través de novas canles de comercialización a partir de ferramentas dixitais innovadoras, o programa de cheques de dixitalización teñen en conta de maneira especial as necesidades do tecido empresarial situado no ámbito rural, a economía social e o impulso do teletraballo.


Cheque Dixitalización Exporta Dixital

Compartir esta noticia