Webinar “Mulleres protagonistas” o venres 26 de xuño

Este vindeiro venres 26 de xuño, a partires das 10:00 h, terá lugar o webinar aberto “Mulleres protagonistas”, no que diversas mulleres emprendedoras e autónomas relatarán as súas experiencias, e se realizará un debate coa participación do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde López.

O programa do webinar, que terá lugar a través da plataforma Webex neste enlace, será o seguinte:

Benvida da Secretaría Xeral de Emprego, Covadonga Toca Carús.

Testemuñas de emprendedoras autónomas.

María del Pilar Veiga Duarte, Atelier Bisqato.

Bibiana Rodiño Janeiro, BETA Implants.

Inés Rodríguez Rodríguez, Rir & Co Diseño Textil.

Sofía Rodríguez Roman, theCosmethics.

Intervención do Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

Coloquio, coa participación do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde López.

Para participar no webinar requírese inscrición previa a través deste enlace (opción rexistrarse).

#SeguimosAdiante

Compartir esta noticia