Publicadas as condicións de ahesión ao programa Bono Turístico #QuedamosenGalicia

Hoxe vense de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución da Axencia de Turismo de Galicia pola que se determinan as condicións de adhesión das empresas turísticas ao programa Bono Turístico #QuedamosenGalicia e se abre o prazo para a presentación de solicitudes de presentación.

Poderán solicitar a súa adhesión aquelas empresas, empresarios ou agrupacións empresariais (dadas de alta no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas) que dispoñan de aloxamentos, excepto as vivendas de uso turístico, e tamén as axencias de viaxe que, con independencia do lugar en que radique a súa sede social, desenvolvan as súas actividades dentro do sector turístico vinculado a Galicia e presten os servizos, actividades ou produtos vinculados a este programa na Comunidade Autónoma de Galicia.

O Bono Turístico tense deseñado como unha tarxeta de prepagamento que se entregará ás persoas beneficiarias que voluntariamente o soliciten e se cargará dunha soa vez cun total de 250 €, e que terá unha vixencia comprendida entre a data de entrega da tarxeta prepago pola entidade bancaria colaboradora aos beneficiarios do programa e o 13 de decembro de 2020.

Este programa busca que as persoas beneficiarias do Bono Turístico #QuedamosenGalicia poidan consumir os servizos ofertados para este programa mediante reserva ou directamente no establecemento adherido, suxeito á dispoñibilidade deste, podendo utilizar o saldo da súa tarxeta de forma total ou parcial, así como completar os pagamentos, de non ter saldo suficiente, con outras formas de pagamento admitidas polo establecemento turístico.

O prazo de presentación das solicitudes de adhesión das empresas turísticas estará aberto desde o día seguinte ao da publicación da resolución no DOG ata a finalización do programa, o 13 de decembro de 2020.


Máis información

Compartir esta noticia