Encontro dixital informativo:​​Programas Reactiva Comercio, Turismo e Servizos Seguros

O vindeiro mércores 29 de xullo, a partir das 11.15 h, terá lugar un encontro dixital, organizado pola Cámara de Comercio de Santiago de Compostela en colaboración co Igape e dirixido a autónomos e pemes, no que se informará das axudas activadas a través dos programas Reactiva Comercio, Turismo e Servizos Seguros, postos en marcha pola Xunta para impulsar a reactivación destes sectores e o transporte, apoiando a instalación de medidas de protección que garantan a seguridade de traballadores e clientes.

No webinario participarán a directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, e o director do Igape, Juan Cividanes.


Inscrición Máis información

Compartir esta noticia