Publicación do Real Decreto-lei que prorroga os ERTE e a prestación a persoas autónomas ata o 31 de xaneiro de 2021

O Boletín Oficial do Estado ven de publicar hoxe o Real Decreto-lei 30/2020, de 29 de setembro, de medidas sociais en defensa do emprego, no que se fai unha revisión da aplicación e seguimento dos expedientes de regulación temporal de emprego - ERTE - causados polo COVID-19 (tanto por forza maior como por causas económicas, técnicas, operativas ou da produción) e da súa correspondente salvaguarda do emprego. Ademáis, fai especial mención ás empresas pertencentes a sectores cunha elevada taxa de cobertura de ERTE e unha reducida taxa de recuperación da actividade.

Adicionalmente, o Real Decreto-lei 30/2020 incide tamén nas modificacións relativas ás prestacións por desemprego e o apoio ao emprego autónomo, adaptándoas á evolución da situación que se está a vivir actualmente coa volta a nova normalidade causada polo COVID-19.

A continuación, faise un detallado repaso das principais medidas aprobadas mediante o mencionado Real Decreto-lei 30/2020:

ERTE forza maior

Os expedientes de regulación temporal de emprego vixentes, baseados no artigo 22 da Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo prorrogaranse automaticamente ata o 31 de xaneiro de 2021.

As empresas e entidades de calquera sector ou actividade que vexan impedido o desenvolvemento da súa actividade nalgún dos seus centros de traballo, como consecuencia de novas restricións ou medidas de contención sanitaria adoptadas, a partir do 1 de outubro de 2020 por autoridades españolas ou estranxeiras, poderán beneficiarse, respecto das persoas traballadoras que teñan as súas actividades suspendidas nos centros afectados, polos períodos e porcentaxes de xornada afectados pola suspensión, das seguintes porcentaxes de exoneración:

O 100 % da achega empresarial devindicada durante o período de peche, e ata o 31 de xaneiro de 2021, para empresas de menos de cincuenta persoas traballadoras ou asimiladas ás mesmas en situación de alta.

O 90 % da achega empresarial durante o período de peche e ata o 31 de xaneiro de 2021, para empresas de máis cincuenta ou máis persoas traballadoras.

Créase a figura do “ ERTE por limitacións”, segundo o cal as empresas e entidades de calquera sector ou actividade que vexan limitado o desenvolvemento normalizado da súa actividade como consecuencia de decisións ou medidas adoptadas polas autoridades españolas poderán beneficiarse das seguintes porcentaxes de exoneración:

Tipo de empresa Outubro 20 Novembro 20 Decembro 20 Xaneiro 21
Menos de 50 persoas traballadoras 100% 90% 85% 80%
Máis de 50 persoas traballadoras 90% 80% 75% 70%

 

ERTE por causas económicas, técnicas, operativas ou da produción

Aos procedementos de regulación temporal de emprego baseados en causas económicas, técnicas, organizativas ou da produción vinculadas á Covid-19 iniciados tras a entrada en vigor do presente real decreto-lei e ata o 31 de xaneiro de 2021, resultaralles de aplicación o artigo 23 da Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, coas especialidades recollidas neste precepto. A tramitación destes expedientes poderá iniciarse mentres estea vixente un expediente de regulación temporal de emprego baseado no artigo 22 da Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo.

Admitirase a prórroga dun expediente baseado no artigo 23 da Real Decreto-lei 8/2020 que finalice durante a vixencia do presente real decreto-lei, sempre que se alcance acordo para isto no período de consultas.

Salvagarda do emprego

As empresas que reciban exoneracións nas cotas á Seguridade Social, quedarán comprometidas, en base á aplicación das devanditas medidas excepcionais, a un novo período de seis meses de salvagarda do emprego, cuxo contido, requisitos e cómputo efectuarase nos termos establecidos na disposición adicional sexta da Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo.

No caso de que existise un compromiso de mantemento de emprego anterior vixente, o inicio do novo período de salvagarda comezará cando concluíse o do ERTE anterior.

Prestacións por desemprego

A contía da prestación por desemprego recoñecida ás persoas traballadoras afectadas polos procedementos de suspensión de contratos e redución de xornada, determinarase aplicando, á base reguladora da relación laboral afectada polo expediente, a porcentaxe do 70 por cento ata o 31 de xaneiro de 2021.

Recoñécese unha prestación extraordinaria de desemprego ás persoas traballadoras con contrato fixo descontinuo ou que realicen traballos fixos e xornais, que resultasen afectadas durante por un  ERTE durante o período teórico de actividade. Tamén  terán dereito a esta prestación as persoas traballadoras con contrato fixo descontinuo non afectadas previamente por  ERTE que esgotasen as prestacións ou subsidios ás que tivesen dereito se así o solicitan.

Medidas de apoio ás persoas traballadoras autónomas

As persoas traballadoras autónomas que se vexan obrigadas a suspender a súa actividade a partir do 1 de outubro terán dereito a unha prestación económica de cesamento de actividade de natureza extraordinaria. Do mesmo xeito, prorrógase ata o 31 de xaneiro de 2021 o dereito á prestación por cesamento compatible coa actividade (sempre que durante o cuarto trimestre do ano 2020 manteñan os requisitos que se estableceron para a súa concesión) e á prestación extraordinaria para persoas traballadoras autónomas de tempada.

Medidas no ámbito da formación

As persoas traballadoras afectadas por un  ERTE, terán a consideración de colectivo prioritario para o acceso ás iniciativas de formación do sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral. Do mesmo xeito, levará a cabo a programación de plans específicos de formación adaptados á realidade produtiva destas persoas.

Empresas pertencentes a sectores cunha elevada taxa de cobertura de ERTE

Por último, o Real Decreto-lei considera empresas cunha elevada taxa de cobertura por expedientes de regulación temporal de emprego e unha reducida taxa de recuperación de actividade as que desenvolvan unha actividade que se clasifique nalgún dos códigos da Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE-09) recollidos no anexo da norma.

Tamén poderán incluírse neste apartado as empresas cuxa actividade económica dependa maioritariamente das empresas cuxos CNAE se recollen na norma ou formen parte da súa cadea de valor, é dicir, que poidan acreditar que no ano 2019 o 50% da súa facturación dependese de maneira directa daquelas empresas ou das que dependen de maneira indirecta das empresas incluídas na listaxe de códigos CNAE-09.

O Real Decreto-lei establece tamén que as empresas que se atopen nos supostos anteriormente citados, que prorroguen automaticamente o  ERTE de forza maior ata o final de xaneiro de 2021, poderán acollerse ás exoneracións nas cotas á Seguridade Social dos seus traballadores (tanto reactivados como en suspensión) devindicadas nos meses de outubro, novembro e decembro de 2020 e xaneiro de 2021. Estas exoneracións serán do 85% para as empresas con menos de 50 traballadores e do 75% para as que teñen 50 traballadores ou máis.

Publicación BOE

Compartir esta noticia