Publicada a Orde pola que se establecen os domingos e festivos nos que se autoriza a apertura no 2021

Mediante a Orde do 2 de outubro de 2020 pola que se establecen os domingos e festivos en que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2021, publicada no Diario Oficial de Galicia do 13 de outubro, a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación ven de regular os 10 domingos e festivos nos que os establecementos comerciais poderán abrir ao longo do 2021.

Estas datas son as seguintes:

  • 3 de xaneiro
  • 10 de xaneiro
  • 1 de abril
  • 31 de outubro
  • 28 de novembro
  • 5 de decembro
  • 8 de decembro
  • 12 de decembro
  • 19 de decembro
  • 26 de decembro

Máis información no seguinte enlace:

Publicación DOG

Compartir esta noticia