Publicación horarios de apertura e peche dos establecementos abertos ao público

O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a Orde do 23 de outubro de 2020 pola que se determina o horario de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas.

A dita orde ten por obxecto a determinación do horario xeral de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas establecendo tamén os criterios, os supostos e as circunstancias que permitan aos concellos autorizar, de xeito motivado, ampliacións ou reducións sobre o horario xeral.

Esta orde entrará en vigor aos vinte días da súa publicación.

Publicación DOG

Compartir esta noticia