Publicado o Real Decreto-lei 35/2020 de medidas urxentes de apoio ao sector turístico, a hostalería e o comercio e en materia tributaria

O 23 de decembro de 2020 vense de publicar o Real Decreto-lei 35/2020, de 22 de decembro, de medidas urxentes de apoio ao sector turístico, a hostalería e o comercio e en materia tributaria para adaptar distintas medidas de anteriores reais decretos-lei á evolución da pandemia e da súa incidencia no ámbito económico e tamén para adoptar novas medidas para acompañar á nova normalidade e ás situacións vividas trala nova declaración do Estado de Alarma a través do Real Decreto 926/2020, de 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.

En concreto, este RD-lei 35/2020 adopta medidas extraordinarias en relación con:

Arrendamentos de locais de negocios

En relación co apoio no ámbito laboral e seguridade social

En materia tributaria

Na flexibilización dos requirimentos para o mantemento dos incentivos rexionais

Publicación BOE