• 29 Xuñ, 2017
  • Eficiencia enerxética, Xestión

Descripción

O obxecto desta guía é trasladar a información e os coñecementos necesarios que permitan racionalizar as actuacións das persoas interesadas, diminuíndo a dependencia enerxética e valorando as consecuencias sobre o medio ambiente, o que contribuirá á consecución dun “desenvolvemento sostido”.


  • 29 Xuñ, 2017
  • Fiscal, Regulación, Xestión, Tributario

Descripción

Con este caderno preténdese achegar a xestión de tesouraría á actividade diaria dos autónomos e autónomas así coma os conceptos a ela asociados dun xeito sinxelo. O obxectivo último do caderno é facer fincapé na importancia que ten operar cun certo grao de planificación á hora de enfrontar os cobros e pagos que se teñen que facer durante o desenvolvemento dunha actividade empresarial. Neste sentido, tamén se incide na informatización da xestión dos negocios facendo especial fincapé nas solucións de software libre que abaratan, dun xeito considerable, a informatización do proceso de xestión. 


  • 29 Xuñ, 2017
  • Mercado, Xestión

Descripción

Este caderno analiza a utilidade e aplicación das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) en negocio e nas pequenas e medianas empresas. Para iso examina o seu uso en distintos ámbitos da práctica empresarial, como a comunicación e a mercadotecnia, a xestión de procesos, a utilidade e o aproveitamento da páxina web da empresa, etc.


  • 29 Xuñ, 2017
  • Estratexia, Xestión

Descripción

Neste manual preséntase unha ferramenta para a elaboración do plan de negocio, pero indícase tamén a relación con outros recursos, a súa descrición e a forma de aplicalos sobre o proxecto de negocio, co fin de facilitar que calquera persoa autómnoma poida adaptar os plans de negocio ás súas propias circunstancias.


  • 29 Xuñ, 2017
  • Estratexia, Xestión

Descripción

Este caderno combina un obxectivo xenérico, dar a coñecer os principios básicos da negociación (que caracteriza a un bo negociador, estilos de negociación...), e a súa aplicación práctica nas reunións con bancos e caixas para lograr financiamento.


  • 29 Xuñ, 2017
  • Mercado, Xestión

Descripción

Cando se realiza unha actividade de venda ao público é moi importante coidar a presentación e colocación dos artigos, xa que a súa presenza pode influír notablemente na decisión da persoa consumidora de mercar o produto. Con este caderno preténdese introducir o concepto de merchandising visual como método de promoción no punto de venda, e proporcionarlle á persoa comerciante unhas nocións de como distribuír os seus produtos e elaborar un escaparate para que poida, deste xeito, facer o seu establecemento máis atractivo. 


  • 29 Xuñ, 2017
  • Mercado, Regulación

Descripción

Este caderno recolle aspectos básicos da xestión e aplicación da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, no desenvolvemento de actividades económicas. Explícanse de forma sinxela os principais aspectos que regula a norma ademais de presentar modelos tipo para algunha das accións que se deben realizar.


  • 29 Xuñ, 2017
  • Fiscal, Regulación, Xestión

Descripción

Cando se desenvolve unha actividade por conta propia é de capital importancia coñecer as obrigas que existen en materia tributaria, xa que existe a obriga de cumprilas en forma e prazo. Neste manual preténdese dar unha visión global da fiscalidade á que está suxeita unha persoa física que se constitúe coma autónomo/a. No caderno abórdanse os impostos que afectan ao colectivo autónomo no desenvolvemento da súa actividade, facendo especial fincapé nas dúas obriga fiscais máis importantes para este colectivo: O Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e o Imposto sobre o Valor Engadido.


  • 29 Xuñ, 2017
  • Mercado, Xestión

Descripción

Este caderno recolle aspectos básicos da xestión de clientes, como captalos e fidelizalos a través do desenvolvemento de accións de promoción e a atención ás súas dúbidas e reclamacións.No mesmo trátanse cuestións como identificar e seleccionar clientes, deseñar unha promoción, fidelizar clientes, a atención ao cliente ou a xestión de reclamacións, entre outras.


  • 29 Xuñ, 2017
  • Estratexia, Xestión

Descripción

Este manual describe o proceso de elaboración e deseño dunha matriz DAFO, (acrónimo de Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades) que permitirá á persoa autónoma empregar unha ferramenta moi útil para executar a súa dirección estratéxica. Os resultados da análise DAFO facilitarán a previsión da situación do negocio no curto e medio prazo e establecer a estratexia a seguir para lograr un correcto axuste entre a súa capacidade interna e a súa posición competitiva externa.

Páxinas