Trámites Ventanilla Única

Somos unha asesoría especializada en Traballadores por Conta Propia/Autónomos. O noso servizo comprende a xestión directa, persoal e integral de todas as obrigacións tributarias e laborais dos autónomos (confección, presentación e custodia dos modelos oficiais).

Se es autónomo/a ou tes intención de selo pronto, e o teu negocio non é do sector da agricultura, gandería e/ou pesca, podes beneficiarte das vantaxes de ser cliente de Trámites Ventanilla Única. Por un precio moi económico (25 €/mes IVE incluido) para calquera volume de facturación, está incluído todo o relativo o autónomo/a:

  • Alta de autónomo/a, asesoramento previo a alta e modificacións censales.
  • Asesoramento, resolución de dúbidas e planificación fiscal.
  • Libros de Rexistro Oficiais: Ingresos, Gastos e Bens de investimento.
  • Modelo trimestral (303) e anual (390) de IVE.
  • Modelo trimestral (130) de IRPF.
  • Modelo trimestral (111) e anual (190) de retencións de IRPF.
  • Modelo trimestral (115) e anual (180) de ret. de IRPF (aluguer de local).
  • Declaración anual de operacións con terceiras persoas (347).
  • Declaración trimestral ou anual de operacións intracomunitarias (349).

Declaración Anual de IRPF modelo 100: Non se inclúe o non ser propiamente unha declaración do autónomo/a. Isto non significa que non a presentemos, senón que nos gusta informar de que é a única declaración que leva un custo adicional á cota publicitada. O custo adicional é de entre 40 e 60 euros segundo a súa complexidade (unidade familiar, rendas, desgravacións, inmobles, etc.)

Podemos ofrecer un precio tan competitivo porque para a optimización do traballo centrámonos só nun grupo determinado de autónomos (tampouco asesoramos pemes), o cal nos achega unha maior especialización na materia. Temos un sistema automatizado de xestión propio, sen intermediarios. E utilizamos os medios telemáticos para a comunicación e envío de datos, que supón á vez un servizo máis rápido e eficaz para o cliente (evitando esperas, trámites innecesarios, excesiva documentación e desprazamentos).

E se tes ou queres contratar traballadores, tes á túa disposición o noso servizo de Asesoría Laboral, incluíndo todo o necesario:

  • Asesoramento, resolución de dúbidas e planificación laboral.
  • Contratación e Alta de traballadores en Seguridade Social.
  • Confección de nóminas.
  • Liquidación de Seguros Sociais.
  • Xestión de procesos de Incapacidade Temporal.
  • Despidos e Rescisións de Contratos de Traballo.
  • Liquidación, Certificado de Empresa e baixa de traballadores en Seguridade Social.

Os prezos por Asesoría Laboral (sin IVE) son:

  • 20 euros/mes por traballador/a para empresas con 1 traballador.
  • 15 euros/mes por traballador/a para empresas de 2 ou 3 traballadores.
  • 12 euros/mes por traballador/a para empresas con 4 ou 5 traballadores.
  • 10 euros/mes por traballador/a para empresas con 6 ou máis traballadores.
  • 20 euros por trámite de alta/contratación de traballador/a.
  • 20 euros por trámite de baixa/rescisión de traballador/a.

O noso compromiso é que renoves a túa confianza en nós mes a mes, podendo comprobar en todo momento a correcta presentación das túas declaracións mediante o correspondente certificado da Axencia Tributaria. Con todo, se por algunha razón non quedas satisfeito ou deixas de ser autónomo/a podes comunicar a túa baixa do servizo en calquera momento sen trámites.

 


Datos de contacto


Presenza na rede


Páxinas