Co fin de aglutinar toda a información xerada pola situación que se está vivindo en relación coa propagación do Coronavirus (Covid-19), a Oficina do Autónomo ten integrado nesta sección todos aqueles contenidos que se consideran de especial interese para dar resposta aos distintos ámbitos da actividade diaria do emprego autónomo.

Seguidamente, se presentan os distintos apartados de referencia para o correcto seguimento das medidas adoptadas no ámbito laboral para as persoas traballadoras autónomas:

Información sobre a orde que simplifica a tramitación dos cambios nos ERTE por causa do COVID!

O 5 de febreiro de 2021 tense publicado no Diario Oficial de Galicia a Orde do 3 de febreiro de 2021 pola que se regula o procedemento, se aproba e se dá publicidade ao modelo de comunicación de cambios de situación nos expedientes de regulación temporal de emprego por forza maior de impedimentos ou limitacións da actividade como consecuencia das modulacións nas restricións sanitarias adoptadas polas autoridades competentes vinculadas ao COVID-19 (código de procedemento TR820V).

Deste xeito, a Xunta, como autoridade laboral para a tramitación destes expedientes, arbitra un procedemento máis accesible e áxil para as persoas autónomas e empresas.

Tramitación sede Publicación DOG

Mediante este mecanismo basta con que as persoas autónomas empregadoras e empresas acheguen a data de efecto do cambio, os centros e persoas afectadas e xustifiquen que as novas circunstancias son de coñecemento dos representantes das persoas traballadoras.

Dada a magnitude e a importancia da situación social e laboral xerada coa propagación do Coronavirus (Covid-19), dende a Oficina do Autónomo se quiere dar acceso a toda a información da que dispón o Servizo Galego de Saúde, organismo que asume o papel de referencia nesta situación de risco en Galicia.

Infografia recomendacións Sergas

(Pulse sobre a imaxe para ver a infografía completa)

 
 

Tal e como establece o artigo 17 do Real Decreto-lei 8/2020, de 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19, as persoas traballadoras cuxas actividades queden suspendidas ou cando a súa facturación no mes anterior ao que se solicita a prestación se vexa reducida, polo menos, nun 75 por cento en relación co promedio de facturación do semestre anterior, terán dereito á prestación extraordinaria, con carácter excepcional e vixencia limitada a un mes a partir da entrada en vigor do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, ou ata o último día do mes no que remete o dito estado de alarma, de prolongarse este durante máis dun mes. A dita prestación tense que solicitar a través da mutua colaboradora coa Seguridade Social á que estea adscrita a persoa traballadora autónoma. As ditas mutuas teñen habilitados formularios e instruccións nas súas páxinas web para descargar e completar as solicitudes e poder achegar tamén a documentación pertinente.

Tes máis información sobre como solicitala segundo indica o propio Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, xunto cun enlace a preguntas e respostas sobre a mesma, tamén do Ministerio e do Instituto Social da Mariña para as persoas que se atopan dentro do Réxime especial do Mar:

  Como solicitar a prestación   

Preguntas sobre a prestación

 Tramitación ISM Rex. do Mar 

            Tramitación SEPE           

En relación coa opción da tramitación a través do SEPE, é preciso indicar que este Servizo ten publicado que "nos casos nos que os autónom@s non optaran por unha mutua, ábrese un período EXTRAORDINARIO no que deberán elixir unha e solictar nese momento o cese de actividade".

Por último, a continuación se inclúe unha guía con preguntas e respostas en relación coa prestación extraordinaria por cese de actividade do Ministerio de Trabajo y Economía Social:

Guía prestación extraordinaria

 

As persoas traballadoras por conta allea que non deban acollerse ao permiso retribuído recuperable establecido no Real Decreto-lei 10/2020, terán dereito a que a empresa lles emita un certificado para facilitar os desprazamentos necesarios entre o lugar de residencia e o traballo.

A continuación se inclúe o modelo indicado, anexo da Orde do Ministerio de Sanidade SND/307/2020, 30 de marzo, pola que se establecen os criterios interpretativos para a aplicación do Real Decreto-lei 10/2020.

 O Real Decreto-lei 10/2020 é só de aplicación para as persoas traballadoras por allea!

Orde SND/307/2020

Para maior detalle, facilítase a continuación o acceso á información que o Goberno de España, a través do Ministerio de Sanidade, publica en relación co devandito virus.

    Acceso información Ministerio   

Actuación servizos PRL Empresas

Ademais, e como complemento, o ISSGA ten elaborado a seguinte documentación de prevención no traballo fronte ao coronavirus.

  Infografía xeral ISSGA  

Recomendacións xerais

Guía de recomendacións

Adicionalmente, en el siguiente enlace puedes acceder al conjunto de publicaciones que ha elaborado para atender a la prevención en esta situación provocada por el COVID-19:

  Guías y folletos sectoriais 

Para finalizar este apartado, a continuación tienes el acceso a todos los manuales de aplicación en el sector de la hostelería y turismo elaborados en colaboración por el SERGAS y Turismo de Galicia:

  Manuales y folletos sector turismo