I Plan de rescate para as persoas traballadoras autónomas


 O PRAZO DE SOLICITUDE REMATOU O 19 DE NOVEMBRO  

 

 

Cartel para difusión a utilizar polas persoas beneficiarias TR400A

Modelo de cartel para dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Emprego e Igualdade.

Cartel TR400A


Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orden as persoas traballadoras autónomas para facer fronte á situación económica motivada pola pandemia da COVID-19 que contribúa ao mantemento da actividade económica e do emprego. O prazo de execución da operación vai desde a data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de decembro de 2020.

Serán persoas beneficiarias desta axuda:

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como traballadores por conta propia e que teñan o domicilio fiscal en Galicia e que teñan recoñecida o cesamento ordinario ou extraordinario de actividade regulado no Real decreto lei 30/2020, do 29 de setembro, de medidas sociais en defensa do emprego (BOE núm. 259, do 30 de setembro).

Entenderase como actividade especialmente paralizada:

a) En todo caso o lecer nocturno. Son negocios de lecer nocturno aqueles con establecementos de discotecas, pubs, cafés-espectáculo e salas de festas, de conformidade coa definición que destes establecementos se prevé no punto III.2.7 do anexo único do Decreto 124/2019, do 5 de setembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público da Comunidade Autónoma de Galicia.

Así mesmo, incluiranse os negocios como establecemento de salas de concertos que desenvolvan as súas actividades de forma análoga punto anteriores, de conformidade coa definición deste establecemento contida no apartado III.2.4.5 do anexo único do Decreto 124/2019, do 5 de setembro, e todos aqueles que non teñan o seu título habilitante adaptado ás tipoloxías anteriores pero que poidan ser asimilables tendo en conta a actividade que desenvolvan, consonte o disposto nas definicións especificadas no Decreto 124/2019, do 5 de setembro.

Para estes efectos, os establecementos que aínda teñan a consideración de café-concerto, café-teatro, café-cantante e tablao flamenco estarían encadrados no catálogo aprobado polo Decreto 124/2019, do 5 de setembro, como cafés-espectáculo.

Do mesmo xeito, os establecementos que aínda teñan a consideración de cafés categoría especial e karaokes estarían encadrados no catálogo aprobado polo Decreto 124/2019, do 5 de setembro, como pubs.

b) Aquelas actividades económicas que se desenvolvan no ámbito das atraccións de feiras e que se trate de actividades nas cales non existe establecemento aberto ao público e que pertenzan aos seguintes CNAE: 4724, 4729, 4781, 4782, 4789, 5610, 5629, 5630 e 9200.

c) Os negocios encadrados nos seguintes CNAE:

CNAE 4932. Transporte por taxi.

CNAE 5010. Transporte marítimo de pasaxeiros.

CNAE 5030. Transporte de pasaxeiros por vías navegables interiores.

CNAE 5621. Provisión de comidas preparadas para eventos.

CNAE 5914. Actividades de exhibición cinematográfica.

CNAE 7911. Actividades das axencias de viaxes.

CNAE 7912. Actividades dos operadores turísticos.

CNAE 7990. Outros servizos de reservas e actividades relacionadas cos eles.

CNAE 8230. Organización de convencións e feiras de mostras.

CNAE 9001. Artes escénicas.

CNAE 9002. Actividades auxiliares ás artes escénicas.

CNAE 9004. Xestión de salas de espectáculos.

CNAE 9321. Actividades dos parques de atraccións e os parques temáticos.

CNAE 9329. Outras actividades recreativas e de entretemento.

As axudas económicas serán as seguintes:

a) 1.200 € para as persoas traballadoras autónomas que cumpran cos requisitos establecidos no artigo 6.1.

b) 2.000 € para aquelas persoas traballadoras autónomas en sectores cuxa actividade estivese especialmente paralizada tal e como ven definido no artigo 6.2..

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto entre o 19 de novembro e o 18 de decembro de 2020.


Máis información no teléfono gratuíto 900 815 600

(Horario de atención: de luns a venres de 8:00 a 15:00 horas)


Publicación no DOG