Encontro Autónom@s

Presentación II Encontro

Asumindo o reto da acollida que tivo o primeiro Encontro o pasado ano, a Consellería de Economía, Emprego e Industria organiza o II Encontro Autónom@s | Galicia 2018, no que se seguirá a pór en valor e a destacar o papel que supón o emprego autónomo dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.

O obxectivo deste novo encontro é seguir a avanzar no recoñecemento do emprego autónomo, presentando novas experiencias e perspectivas para afondar no seu camiño cara a excelencia para esta fórmula profesional de gran relevancia para a nosa economía.

Esperámoste o vindeiro 18 de xullo no Edificio CINC da Cidade da Cultura.

Vídeo resumo II Encontro

 

Vídeos presentados

1. Programa de remuda xeracional

 

2. Programa de segunda oportunidade