Subvencións aos obradoiros artesáns para incentivar a realización de acordos de formación de aprendices


  • 08/03/2018
  • 17/09/2018
Máis información

IN201K - Realización de acordos de formación de aprendices en obradoiros artesáns

Data de publicación: 08/03/2018

Data inicio de solicitude: 09/03/2018

Data fin de solicitude: 17/09/2018

Nota informativa: Orde do 10 de abril pola que se modifican determinados aspectos das bases reguladoras (enlace)

Obxecto

Estas axudas teñen por obxecto incentivar a realización de acordos de períodos formativos de carácter non laboral entre obradoiros artesáns e persoas aprendices, que contribúan a asegurar a continuidade dos oficios e a súa remuda xeracional para o 2018 (IN201K).

Características da axuda

A formación teórica e práctica terá unha duración mínima de 6 meses e máxima de 12 meses e a xornada será, como mínimo de 20 horas semanais e máximo de 40 horas semanais.

As actividades iniciaranse no prazo máximo dun mes dende a notificación da concesión da subvención e realizaranse no obradoiro baixo a dirección e supervisión dun titor que será o titular do obradoiro ou persoa en quen delegue, que deberá ter a formación e experiencia necesarias para a correcta formación da persoa aprendiz.

O obradoiro deberá expedir un certificado ao bolseiro acreditativo das horas, período e contidos da formación ao finalizar o período de formación.

A contía de subvención estará condicionada polo tipo de duración da formación semanal impartida á persoa aprendiz, fixándose entre 1,2 e 1,5 veces o IPREM mensual vixente.

Adicionalmente, o obradoiro percibirá, adicionalmente, unha contía fixa de 200 € mensuais, para as cotizacións sociais das persoas bolseiras, e gastos en funxibles e materiais que se realicen durante a práctica das mesmas.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarios das subvencións os obradoiros artesanais, sexan persoas físicas, xurídicas ou comunidades de bens que figuren inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia

Neste enlace pode accederse ao texto íntegro da resolución publicada no DOG.

Válido dende: 
xoves, 8 Marzo, 2018
Válido ate: 
luns, 17 Setembro, 2018