Axudas para o fomento da prevención de riscos laborais - TR852A


  • 04/07/2018
  • 03/08/2018
Máis información

TR852A - Axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laboráis

Data de publicación: 3 de xullo de 2018

Data de inicio solicitude: 4 de xullo de 2018

Data de remate solicitude: 3 de agosto de 2018

Obxecto

Establecemento das bases reguladoras e convocatoria para o 2018 de subvencións para levar a cabo accións de formación, sensibilización, asesoramento e fomento da prevención de riscos laborais en Galicia. Estrutúrase nas seguintes liñas:

Liña 1. Formación e actividades de asesoramento e sensibilización en materia de prevención de riscos laborais de carácter intersectorial.

Liña 2. Formación e outras actividades de fomento en materia de prevención de riscos laborais de carácter sectorial.

Liña 3. Investimentos destinados a accións de mellora na adaptación, substitución ou adquisición de equipamentos de traballo e adaptacións de postos de traballo.

Características da axuda

Na liña 3:

Investimentos destinados a accións de mellora na adaptación, substitución ou adquisición de equipamentos de traballo e adaptacións de postos de traballo. Ningunha empresa poderá percibir unha contía cuxo importe supere o 50% do custo subvencionable realizado nela, e o límite máximo nunca poderá exceder un total de 15.000 euros.

Persoas beneficiarias

Para a liña 3:

Poderán ser beneficiarias desta liña as medianas, pequenas empresas e microempresas, así como as persoas traballadoras autónomas con persoas traballadoras ao seu cargo, que teñan o seu domicilio social e polo menos un centro de traballo no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Neste enlace se pode acceder ao texto completo da orde.

Válido dende: 
mércores, 4 Xullo, 2018
Válido ate: 
venres, 3 Agosto, 2018