Programa EMEGA para o fomento do emprendemento feminino - SI429A


  • 04/07/2018
  • 06/08/2018
Accede dende aquí

SI429A -  Axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas polo FSE

Data de publicación: 4 de xullo de 2018

Data de inicio solicitude: 5 de xullo de 2018

Data de remate solicitude: 6 de agosto de 2018

Obxecto

O programa Emega comprende un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como para ter acceso a servizos específicos de acompañamento, asesoramento e titorización co obxecto de facilitar a implantación e a consolidación dos proxectos empresariais promovidos por mulleres.

Características da axuda

O programa Emega comprende as seguintes liñas e axudas complementarias:

  • Liña Emprende: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.
  • Liña Innova: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade en empresas constituídas por mulleres, e que impliquen a creación de emprego feminino vinculado ao proxecto de mellora.
  • Liña Activa: liña de axudas económicas mediante incentivos para favorecer a reactivación e consolidación de empresas constituídas por mulleres, a través de medidas de renovación, implantación, ampliación ou cambio de localización da actividade dirixidas a paliar unha situación económica adversa, e que resulten necesarias para o mantemento do emprego por conta propia e por conta allea, así como para acadar o necesario equilibrio empresarial e asegurar a súa pervivencia e consolidación no actual contexto económico. As ditas medidas, en ningún caso, poderán supor destrución do emprego existente por conta propia e allea.
  • Liña ITEF: liña de axudas económicas mediante incentivos para impulsar a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou con base tecnolóxica, promovidas por mulleres e que supoñan a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.
  • Concilia: axuda complementaria das liñas Emprende, Innova, Activa e ITEF para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, nas súas dúas modalidades: Concilia-promotoras e Concilia-persoas traballadoras por conta allea.
  • Dual: axuda complementaria para incentivar a participación no programa de titorización que estableza a Secretaría Xeral da Igualdade co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos empresariais subvencionados ao abeiro desta convocatoria a través das liñas Emprende, Activa, Innova ou ITEF.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Emega as empresas privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividade económica ou formalicen os seus plans Innova ou Activa no período comprendido entre o 1 de setembro de 2017 e a data da fin do prazo de presentación de solicitudes. Cando se trate de empresarias individuais, a solicitude deberá ser presentada pola traballadora autónoma.

Neste enlace pódese acceder ao texto completo da resolución.

Válido dende: 
mércores, 4 Xullo, 2018
Válido ate: 
luns, 6 Agosto, 2018