Programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo - Re-solve 2018


  • 10/08/2018
  • 31/10/2018
Máis información

IG524A -  Programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo - Re-solve 2018

Data de publicación: 10 de agosto de 2018

Data de inicio solicitude: 11 de agosto de 2018

Data de remate solicitude: 31 de outubro de 2018

Obxecto

A axuda regulada por estas bases teñen por obxecto a habilitación dunha liña de reavais do Igape para facilitar o acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pequenas e medianas empresas e persoas traballadoras autónomas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Igape, as Sociedades de Garantía Recíproca (SGR) e as entidades financeiras adheridas (Re-solve 2018), e procédese á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.

O apoio céntrase nas pequenas e medianas empresas (incluídas as persoas traballadoras autónomas) que formalicen un préstamo que se destine ao financiamento do seu activo corrente, entendendo como tal o pagamento de nóminas aos traballadores, tributos, cotas á Seguridade Social, gastos de alugamento, pagamentos a provedores e a acredores por prestación de servizos, cotas de débedas bancarias a longo prazo e cotas de leasing que venzan durante o período de disposición do préstamo formalizado ao abeiro desta liña, así como a cancelación anticipada de pólizas de crédito ou préstamos destinados á mesma finalidade, que venzan durante o devandito período de disposición. En ningún caso poderán aplicarse a financiar investimentos en inmobilizado ou en activos financeiros.

Características da axuda

As características das operacións de financiamento son as seguintes:
1. Modalidade:
Préstamo.

2. Importe:
O importe do préstamo subsidiable será igual ou superior a 3.000,00 € e igual ou inferior a 500.000,00 €.
No caso de operacións de importe superior a 150.000,00 €, as operacións poderán ser coavaladas por máis dunha SGR adherida. Para estes efectos, todas as referencias destas bases ás operacións de aval e ás SGR descritas en singular, entenderanse realizadas en plural.

3. Prazo:
Serán atendibles, para os efectos das axudas establecidas nestas bases, os préstamos formalizados a un prazo non inferior a 3 anos e non superior a 7 anos, incluída unha carencia dun máximo de 2 anos.

4. Período de disposición:
O período máximo de disposición do préstamo subsidiable será ata a primeira cota de amortización ou, de ser inferior, de 1 ano desde a formalización.

A axuda será en forma de garantía e consistirá no reaval do Igape durante a vixencia da operación de préstamo, en garantía de ata o 25 % do risco asumido pola SGR.

Dentro do límite do 25 %, a cobertura do reaval do Igape outorgarase por unha porcentaxe que, sumado aos reavais doutros organismos, non superen o 80 % do risco asumido pola SGR.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas traballadoras autónomas.

Neste enlace pódese acceder ao texto completo da resolución.

Válido dende: 
venres, 10 Agosto, 2018
Válido ate: 
mércores, 31 Outubro, 2018