Programa Segunda Oportunidade das persoas autónomas


  • 30/07/2018
  • 01/10/2018
Máis información

TR341T -  Programa da segunda oportunidade das persoas autónomas

Data de publicación: 30 de xullo de 2018

Data de inicio solicitude: 31 de xullo de 2018

Data de remate solicitude: 1 de outubro de 2018

Obxecto

A axuda regulada por estas bases teñen por obxecto establecer a concesión de axudas do Programa da segunda oportunidade das persoas autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Características da axuda

A axuda establecida neste programa consistirá en:

a) Bono apoio: concederase unha axuda de 3.000 € ás persoas que estivesen máis de 6 meses seguidos inscritas como demandantes de emprego nas oficinas do Servizo Público de Emprego.

b) Bono formación: a persoa beneficiaria recibirá unha axuda de ata 2.000 € para realizar un mínimo de 60 horas de formación nas seguintes materias: formación xerencial, xestión comercial ou financeira, marketing dixital ou sobre materias que teñan relación directa co negocio que se vai emprender e así se xustifique.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias desta subvención as persoas que se dean de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional no período do 1 de xaneiro ao 30 de setembro de 2018, cesasen con anterioridade na súa actividade causando baixa na Seguridade Social ou na mutualidade correspondente e no imposto de actividades económicas (IAE) por causas económicas e cumpran os demais requisitos na data da solicitude ou data de inicio de actividade segundo o modelo 036 ou 037 para as persoas que xa se desen de alta antes da solicitude.

Neste enlace pódese acceder ao texto completo da resolución.

Válido dende: 
luns, 30 Xullo, 2018
Válido ate: 
luns, 1 Outubro, 2018