Bono emprega automoción para a formación con contratación de persoas desempregadas


  • 20/08/2018
  • 01/10/2018
Máis información

TR301Y -  Bono emprega automoción para a formación con contratación de persoas desempregadas

Data de publicación: 20 de agosto de 2018

Data de inicio solicitude: 21 de agosto de 2018

Data de remate solicitude: 1 de outubro de 2018

Obxecto

O Bono emprega automoción consistirá nunha subvención ás empresas beneficiarias no programa que, ademais da contratación laboral de persoas en situacion de desemprego, leven a cabo accións formativas para mellorar os coñecementos e habilidades no posto de traballo das persoas participantes.

Características da axuda

A subvención prevista neste programa será de aplicación a todas as contratacións que se formalicen desde o 1 de xaneiro de 2018 ata o 30 de setembro do ano 2018 con persoas desempregadas.

O Bono emprega automoción terá un importe do 50 % do importe total xustificado, cun máximo de 2.000 euros por cada persoa desempregada contratada, cumprindo cos seguintes requisitos.

a) A persoa traballadora contratada recibirá formación e titorización

b) A acción formativa deberá ter formación en contidos relacionados co posto de traballo a que asista integramente a persoa traballadora que participa neste programa, e deberá contar cun número mínimo de 50 horas

c) Para as contratacións realizadas entre o 1 de xaneiro de 2018 e a data de publicación da orde a acción formativa levarase a cabo no prazo de tres meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación. Para as contratacións realizadas con posterioridade ao 15 de setembro de 2018 e ata o 30 de setembro a formación terá data límite para a súa finalización o 15 de decembro de 2018

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias desta subvención, entre outras, as persoas autónomas que conten no seu cadro de persoal cun mínimo de 50 persoas traballadoras, con centro ou centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen na orde publicada e desenvolver actividades económicas nalgunha das divisións CNAE 09 que constan na páxina web da consellería ou ben acreditar polo obxecto social das escrituras ou clasificación do imposto de actividades económicas o tipo de actividade empresarial.

Neste enlace pódese acceder ao texto completo da resolución.

Válido dende: 
luns, 20 Agosto, 2018
Válido ate: 
luns, 1 Outubro, 2018